*Nova edició revisada e actualizada*  Un libro pensado inicialmente para explicarlles Galicia aos non  galegos, pero que se converteu nun texto de referencia dentro do propio país. Esta é a esperada versión galega, preparada e actualizada polo autor,  dun libro pensado inicialmente para explicar Galicia aos non galegos,  pero que axiña se converteu nun texto de referencia dentro do noso  propio país. Nel, o escritor Miguel-Anxo Murado, constrúe unha  particular «teoría de Galicia», utilizando os recursos do libro de  viaxes, a crítica literaria, a xeografía ou a historia. Cun estilo  irónico pero apaixonado, o autor vai desmontando os tópicos acumulados  sobre o país, tanto polos seus visitantes como polos propios galegos,  para intentar descubrir e explicar o que caracteriza e distingue Galicia. Críticas:
«O que subxace como pano de fondo en Outra idea de Galicia non é  máis que a ollada sempre indagadora e nunca compracente de Miguel-Anxo  Murado, a súa curiosidade intelectual, o seu estilo irónico e directo.»
Martín Veiga, Galicia 21 «Unha ferramenta útil para lembrarnos a nós mesmos quen somos.»
César Lorenzo Gil, A Nosa Terra «Control do pulso. A nada motricidade. Movementos que se producen case  imperceptibles: Murado limpa as ideas extremas, pon certa racionalidade  sobre a mesa, elude as controversias facendo uso do que a rman os feitos.»
Nelson Rivera, El Nacional de Caracas